A Concellaría de Deportes presenta o I torneo Intercity de baloncesto de rúa
O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, e os organizadores da actividade, Willie Ladson e Toni López, presentaron esta mañá nas instalacións do Consello Municipal de Deportes, o I Intercity de baloncesto de rúa 3x3, que terá lugar nas instalacións do pavillón dos Remedios os vindeiros día 16 e 17 de xuño.
Tal e como explicou Willie Ladson, que leva traballando desde fai tempo no programa deste campionato, non só se trata dun evento deportivo, senón que se busca tamén o fomento da cultura de rúa, propia deste deporte, por este motivo haberá música, entretenemento, exhibicións de baile , e que será un moi bó complemento para os días previos das festas de Ourense. Toni López, subliñou que o evento sirve tamén para recordar que non só existe o fútbol, ao mesmo tempo que agradeceu á concellaría de Deportes a implicación para levar adiante este I torneo. O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, agradeceu públicamente o traballo das persoas que compoñen o Consello Municipal de Deportes, que fan posible que se leven adiante estas actividades, ademáis anunciou que ésta é unha das moitas actividades deportivas que haberá ao longo do mes de xuño, e que se presentarán nos primeiros días.
Para as inscricións, así coma toda a información do torneo: www.coast2coastevents.org
Ourense, 30 de maio de 2012.