O BNG sinala a cobardía do Goberno Jácome nuns Orzamentos do CMD que cualifica de “tramposos”
O Grupo municipal nacionalista censura que a única proposta do Goberno Jácome en materia deportiva ao longo de todos estes anos, o que denomina liña 3, consistente en subvencións nominativas, non aparezan recollidas no proxecto de Orzamento sometido a votación. Censuran tamén que apenas se destinan 10.000 euros para investimentos, reparacións e mantemento de instalacións deportivas