A concellaría de Vivenda presenta o II Encontro Técnico de Rehabilitación Urbana
O concelleiro de Vivenda e Rehabilitación Urbana, Fernando Varela, presentou o 9 de abril o II Encontro Técnico de Rehabilitación Urbana. Xunto ao concelleiro, estivo tamén o Xefe do servizo do PERI, Jose Manuel Oliver. Este segundo encontro, será o vindeiro mércores 11 de abril entre ás 11.00 h e as 14.00 h na Sala Azul do Audiorio Municial.
Na procura de continuar a compartir co persoal técnico, coas empresas e cos propios particulares, coñecementos en materia de rehabilitación, celébrase ésta segunda edición, que abordará o tema da madeira na rehabilitación. Despois de que o primeiro encontro, celebrado o pasado mes de marzo, tivera un gran éxito de asistencia, a aposta da concellaría de vivenda é seguir a fomentar este tipo de iniciativas, co fin de paliar os efectos da crise.
Tal e como apunta Fernando Varela desde a concellaría de Vivenda estamos convencidos que a rehabilitación das vivendas e do seu contorno máis próximo teñen un destinatario fundamental: as persoas, e esto se consegue favorecendo a creación de espazos de convivencia e lecer, ademáis de que as iniciativas en materia de rehabilitación, actúen tamén como dinamizador económico das zonas onde se intervén.
Tríptico II Encontro de Rehabilitación Urbana
Ourense, 9 de abril de 2012