Oficina de asesoramento a persoas con dificultades coas hipotecas
O concelleiro de Vivenda e Rehabilitación Urbana, Fernando Varela, asistiu á presentación desta iniciativa que dende fai tempo ven demandando o BNG no Congreso.
Trátase de por en funcionamento unha oficina que informe e asesore a persoas e familiar que teñen dificultades para facer fronte aos pagos dos préstamos hipotecarios e que poden atoparse en risco de perder o seu domicilio habitual.
A apertura desta nova Oficina de Intermediación Hipotecaria, parte da iniciativa conxunta entre o Colexio de Avogados e o Concello, e dará servizo tres días a semana. Tal e como explica o nacionalista Fernando Varela como representantes públicos, debemos traballar a prol da maioría social e dos máis débiles, xa que o dereito a unha vivenda digna é un dereito fundamental. Por iso dende a concellaría de Vivenda, valórase como moi necesario este tipo de iniciativas, que vaian na dirección de axudar a persoas que se podan atopar en risco de perder o seu domicilio habitual.
Fernando Varela sinalou hoxe que 'estamos ante un problema social de primeira orde que é necesario resolver con cambios legais e non con normas cosméticas, feitas á medida da banca, como o recente R.D. Aprobado polo Goberno do Estado cun código de boas conductas sobre execucións hipotecarias, un decreto no que na súa elaboración so participou unha das partes, os bancos'.
'Como representantes públicos -lembro o nacionalista- debemos traballar a prol da maioría social e dos máis débiles, por eso o BNG no Congreso dos Deputados presentou xa varias veces proposicións para unha reforma lexislativa que permita a dación en pago como a cancelación da totalidade da débeda hipotecaria, e outras medidas como unha moratoria no pago dos prazos, a transformación nun contrato de aluguer ou a condonación parcial da débeda', a última foi rexeitada só cos votos en contra do PP que se volve plegar aos intereses da banca e dos máis fortes.
O BNG defende que o dereito a unha vivenda digna é un dereito fundamental, estamos ante situacións moi difíceis de familias que se ven abocadas a abandonar as súas vivendas, e por riba, teñen que entregar a vivenda como pago da débeda contraída pero mantendo a débeda. 'O Goberno e os bancos deben asumir a súa responsabilidade. Se a política irresponsabel da banca contribuiu a xerar a burbulla inmobiliaria, tamén é lóxico que asuma parte dos custes' dixo Fernando Varela.
Por isto, desde o Concello de Ourense, desde a Concellaría de Vivenda, o BNG impulso esta necesaria iniciativa conxunta co Ilustre Colexio de Avogados de Ourense de crear unha Oficina de Intermediación Hipotecaria que sirva de información, asesoramento e soporte ás persoas e familias que teñen dificultades para facer frente aos pagos dos préstamos hipotecarios e que poden atoparse en risco de perder o seu domicilio habitual.
Ourense, 9 de abril de 2012.