Fernando Varela asisite ao II Encontro de Rehabilitación Urbana
O Auditorio Municipal de Ourense acollía este 11 de abril a xa segunda edición do Encontro Técnico de Rehabilitación Urbana, unha iniciativa da Concellaría de Vivenda que pretende achegar propostas e intercambiar coñecementos entre axentes públicos e privados implicados nesta actividade. O encontro, avalado xa polo boa acollida que recibiu a súa primeira edición, xirou sobre as diferentes propostas e experiencia no uso da madeira; recuperación de elementos e novas aplicacións.
No encontro estivo presente o edil de Vivenda, o concelleiro do BNG Fernando Varela, quen destacou o importante que é para os profesionais do sector poder manter unha actualización constante de coñecementos, que lles permitan desenvolver o seu traballo dun xeito eficaz e sostible. Nese sentido, defendeu o positivo que é para a Concellaría ofrecer aos técnicos, pero tamén ás empresas, os arquitectos, e os propios particulares un punto de encontro desde o que fomentar a rehabilitación, unha aposta no ámbito da construcción que neste novo contexto económico vólvese crucial. Ao redor dunha treintena de asistentes participaron hoxe nos relatorios, nunha experiencia á que Concellaría ten intención de dar continuidade no tempo.
Ourense, 11 de abril de 2012.