A Concellaría de Xuventude continua apoiando as actividades da mocidade
Máis de 250 rapaces e rapazas do movemento scout reúnense en Ourense
A concellaría de Xuventude colabora co grupo scout Axóuxere San Pío X na organización do evento
Coincindo coa celebracicón do San Xurxo, patrón dos scouts, máis de 250 rapaces e rapazas de colectivos de toda a provincia reúnense esta fin de semana en Ourense para disfrutar dun amplo programa de actividades. Como ven sendo habitual, a Concellaría de Xuventude apoia e colabora co Grupo Scout Axóxere (San Pío X, Mariñamansa) na organización desta iniciativa, da que o colectivo ourensán é anfitrión por mor da celebración do seu X aniversario.
Os grupos scouts participantes están formados por nenos e nenas de 7 a 18 anos de diferentes lugares da provincia, pertencentes á Federación de Scouts de Galicia Escutismo Católico Galego. Ao longo da fin de semana desfrutarán dunha estancia en Ourense cunha programación que inclúe xogos no Casco Vello, actividades acuáticas no Pavillón dos Remedios, escalada na escola do clube de escalada dos Cañóns do Sil, roteiros de ciclismo polas marxes do Mño e a cidade, e mesmo unha visita guiada ás instalacións do Parque de Bombeiros. No serán do sábado os scouts daránse cita na Praza Maior para realizar un flashmob que quede como lembranza deste encontro. Estas xornadas de convivío rematan o domingo cun acto no que participará o Bispo de Ourense.
A Concellaría de Xuventude colabora de xeito habitual con esta asociación xuvenil pertencente á Parroquia de San Pío X, recoñecendo o rol dinamizador da mocidade que levan desenvolvendo unha década.
Ourense, 20 de abril de 2012.