O Grupo Municipal do BNG critica a actitude provocadora e irresponsable de Rosendo F
Desde o Grupo Municipal do BNG laméntase o desafortunado exemplo que deu onte o principal grupo da oposición local, ao colarse nunhas instalacións municipais aínda non abertas á cidadanía nunha actitude impropia de responsables políticos que mesmo incita ao vandalismo. Especialmente, cando a concellaría de Medio Ambiente sempre ten amosado a súa total dispoñibilidade a facilitar calquer información solicitada sobre Montealegre ou calquer outro tema relacionado ca área.
A concelleira de Medio Ambiente desexa deixar claro unha vez máis que Montealegre non é un xardín botánico e que as críticas de Fernández son totalmente infundadas. As instalacións actuais cumplen co estipulado co proxecto técnico aprobado no seu momento, e así o entederon os técnicos do Estado ao emitir os seus informes positivos. En ningún momento se contemplaba dotación para un futuro laboratorio. Cómpre lembrar, ademais que a propia concellaría xa rexeitara parte das facturas emitidas pola empresa encargada do suministro por non constar no expediente, o que supuxo un aforro para o Concello de Ourense. O resto dos materiais si recibidos (ordenadores, pantallas informáticas ) atopánse aloxados en dependencias municipais como medida de seguridade, xa que o parque aínda non conta con sistema integral de vixiancia.
Marta Arribas resta importancia ás acusacións do voceiro do PP, parecéndolle prepotentes e arrogantes xa que para ela o verdadeiramente importante e que fai un mes que os técnicos do Ministerio deron o respaldo ao proxecto e dende logo para nós son fontes bastante máis fiables que o que diga o señor Rosendo Fernández. Sorprende, polo tanto, o desacordo manifesto entre os populares nunha e outra administración.
Para a concelleira de Medio Ambiente, o responsábel do PP local debería deixar de confundir aos cidadáns e pensar máis as cousas antes de falar, ademáis de que probablemente aportaría máis a esta cidade se loitara en contra da paralización do centro de interpretación de parques, paralizado pola Xunta do PP en vez de tentar centrar a axenda municipal en cuestións xa resoltas.
Ourense, 4 de abril de 2012.