Marta Arribas: todos os días do ano son días da árbore
Arredor dos actos en conmemoración polo día da árbore, ésta mañá, a concelleira de Medio Ambiente Marta Arribas, participou nunha nova acción de plantación. Foi no Parque Ribeiriño, e estivo acompañada polos alumnos e alumnas de primaria do Colexio José García Mende. En total plantáronse 9 árbores das especies Betunas alba (bidueiros), Celtis Australis (lodoeiros) e Fagus Sylvatica (Faias/Hayas).
O comezo da temporada de plantación, iniciouse onte coincidindo co propio día do árbore. En total plantaranse 329 árbores novos na cidade. Tal e como explica a nacionalista Marta Arribas todos os días do ano son días da árbore, xa que as árbores fan posible que teñamos unha cidade máis humana. Esta iniciativa da concellaría, ven a significar o compromiso coa dotación de especies nas zonas verdes e rúas de Ourense, plantándose 149 árbores máis que no 2011.
Estas accións polo día da árbore, coinciden hoxe, 22 de marzo co día da auga, que según palabras da propia Marta Arribas a auga é fundamental para que exista vexetación no noso medio, o cal é sinónimo de calidade de vida.
Ourense, 22 de marzo de 2012.