A Concellería de Cultura celebra o día da poesía liberando libros
A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística, únese á celebración do Día Internacional da Poesía coa distribución de exemplares de edicións pasadas do Premio de Poesía Cidade de Ourense. En total se repartirán aproximadamente unas 100 obras.
A acción consiste no reparto dos exemplares en prazas, centros cívicos, centros de ensino, zonas verdes e parroquias entre outros lugares do centro, os barrios e o perímetro rural da cidade. En total suman arredor de 80 puntos nos que se depositarán os libros para que as persoas que estén interesadas os collan e desfruten da poesía en galego. Éstes libros estarán liberados na páxina BookCroossing, que é clube de libros global, onde se poden intercambiar as obras, e tamén compartir opinións, puntuacións e recomendacións que fagan os lectores.
Todos os libros que se utilizarán son edicións gañadoras do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que organiza a Concellaría de Cultura do Concello de Ourense en colaboración coa Cámara Municipal da cidade Portuguesa de Vila Real. Esta distinción, que xa vai pola súa XXVII edición, tivo como premiados a importantes autores galegos e portugueses destacando entre eles aos galegos: Millán Picouto, Darío Xoan Cabana, Ramón Raña ..., e máis recentemente, Rafa Villar ou Xabier Rodríguez Barrio. Entre os lusos, cabe citar a José Jorge Letria, Isabel Pulqueiro ou Xosé Manuel Teixeira.
Nesta edición do premio do ano 2012 o prazo para presentar obras remata o vindeiro 30 de abril.
A Concellaría de Cultura apoia, como cada 21 de marzo, a conmemoración deste día, que foi proclamada pola UNESCO na súa 30ª reunión celebrada en París no ano 1999. Entre os principais obxectivos de esta acción, está soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas. O día da Poesía, ten tamén por obxecto, apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía e promover a súa ensinanza.
Ourense, 20 de marzo de 2012.