O pleno rexeita solicitar a convocatoria de eleccións anticipadas
O pleno comenza dando conta da retirada das competencias do concelleiro Antonio Rodríguez Penín que son asumidas por Áurea Soto.
O goberno retira da orde do día a adhesión do Concello de Ourense á Asociación Española de Destinos para a Promoción do Turismo Gastronómico Saborea España. Sen orzamentos aprobados no 2014 no é posíbel tratar este ponto ao ser un convenio plurianual.
A corporación rexeita a proposta nacionalista de celebrar eleccións anticipadas como solución máis democrática para acabar co espectáculo, falta de xestión e parálise que vive o equipo de goberno. O Partido Popular fixo a súa proposta de goberrno de concentración; Democracia Orensana criticou a moción argumentando que eles foran os primeiros en facer esta proposta e o PSOE dixo que era unha solución irrealizábel e imposíbel ademais dun insulto á intelixencia.
Tampouco atopou apoios a proposta do BNG de rescatar o servizo de Axuda a Domicilio. A pesares dun recente informe do Tribunal de Contas que conclue que a xestión indirecta dos servizos públicos é máis cara e que a empresa concesionaria acaba de aplicar recortes laborais ás traballadoras-es ningún grupo viu a necesidade do rescate nin de sacar a concurso novamente o servizo.
Houbo unanimidade na moción do PP para que se elabore consensuadamente con todas as forzas políticas un Código de Boas Prácticas Medioambientais. O BNG criticou aos populares pola sua política medioambiental -Sogama, recorte das axudas ás enerxías renovábeis, etc- e tamén instou ao equipo de goberno a implementar medidas para que nas dependencias municipais e nos servizos que presta o concello se reduza o gasto enerxético, entre outras cousas.
Aprobóuse a moción nacionalista que pedía a racionalización do uso dos locais das asociacións de veciños-as e das dependencias administrativas, así como a renegociación dos contratos dos alugueres no caso de que fose posíbel.
Tamén se aprobou implantar un sistema de control horario dos funcionarios-as e a ampliación do horario para que os cidadáns poidan informarse do PXOM.
No saiu adiante a proposta do PP para controlar o intrusismo que sofren as academias.