Moción sobre bases para as subvencións de concurrencia competitiva das entidades de carácter social
No pleno ordinario do mes de setembro de 2013 o BNG propuxo Que as axudas económicas destinadas ao financiamento de actuacións de carácter social levadas a cabo por diferentes tipos de entidades se adxudiquen, como regra xeral, mediante concorrencia competitiva, coa finalidade de que a súa concesión sexa o máis xusta posible. a través dunha moción que foI aprobada por unanimidade da corporación municipal.
Iniciaremos o mes de febreiro de 2014 sen que o Concello presentara unha proposta sobre os criterios que servirán para valorar a utilidade social da labor desenvolvida polas entidades destinatarias das axudas para a elaboración das bases das novas subvencións de concorrencia competitiva, o que significa que, de non presentarse á maior brevidade posíbel, novamente as axudas chegarán tarde dificultando a labor das entidades e a súa previsión sobre os recursos cos que poderán contar para desenvolver as súas actividades.
Polo exposto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte
ACORDO
Que o Concello de Ourense presente unha proposta de bases para as subvencións de concorrencia competiva para as entidades de carácter social antes de finalizar o mes de febreiro.
Ourense, xaneiro de 2014