Primeiro concurso fotográfico 'Outono Nos Sentidos'
Ourense, 19 setembro de 2012.- Xorde o primeiro concurso fotográfico, 'Outono Nos Sentidos', unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, coa celebración dos 30 anos da creación do certame Outono Fotográfico.
A idea é amosar a nivel visual as características do outono ourensán. O obxectivo é procurar que os fotógrafos mostren a súa visión persoal sobre a estación outonal, que ofrece unha nova imaxe sobre Ourense, con singulariadades propias da época do ano. O outono e unha época que se caracteriza por unha gastronomía propia e unha paisaxe, chea de cores que reflexa a realidade dun Outono Cultural.
Na convocatoria poden participar todas as persoas maiores de idade interesadas na fotografía que presenten imaxes inéditas. O prazo de inscrición ábrese mañá, día 20 de setembro e remata o 21 de outubro de 2012. Os traballos enviaranse en formato JPG a 300 dpi a correo electrónico: [email protected]. Ademáis deben adxuntarse un arquivo anexo, onde se inclúa o título, o pseudónimo do autor, incluíndo un número de teléfono e un correo electrónico.
Os premios consistirán en aloxamentos de fin de semana, degustacións de sabores de outono e abonos termais.