Xuventude trae a Ourense ao artista hip hop Nach

Xuventude trae a Ourense ao artista hip hop Nach

O artista hip hop Nach visitará por primeira vez Ourense cun concerto dentro da súa xira internacional “Mellor co Silencio” o vindeiro venres 24 no Auditorio Municipal. A cita é unha proposta promovida desde a Concellaría de Xuventude, que contribúe así a ampliar a oferta cultural da cidade e convida aos mozos e mozas ourensáns a descubrir “a un dos mellores letristas de hip hop latino hoxe”. A concelleira responsábel de Xuventude, a nacionalista Marta Arribas, salientaba durante a presentación do concerto as letras dun artista “que reinvidica os valores da solidaridade e a igualdade, apela ao respecto mutuou e mobiliza á nosa mocidade”.

Coa promoción deste concerto a Concellaría de Xuventude “avanza no seu compromiso de achegar á mocidade propostas de lecer que resposten as súas demandas e intereses” ao tempo que continua a programar desde a calidade e a accesibilidade do público. Segundo apunta a edil de Xuventude, “fixemos unha vez máis o esforzo orzamentario preciso para que poidan asistir o concerto o maior número de persoas; a mocidade está sendo o sector que máis sufre as consecuencias da crise económica e iso é algo que temos presente todos os días”. O prezo das entradas é de 13€ en venta anticipada e 15€ en taquilla,”os máis axustados e económicos de toda a xira”, lembra o representate da productora Idearock, Xaime Casas. As entradas xa están a venda en www.ticketmaster.es, tendas Juvena e Peggy Records.

O popular artista hip hop subiráse por primeiras vez aos escenarios ourensáns o vindeiro venres 24

A crítica musical especializada coincide en describir a Nach como unha das experiencias mais acertadas das aparecidas nos últimos tempos no panorama musical. Ademais dunha xira internacional e o cheo total noutras salas galegas, destaca na súa carreira unha nominación ao Goya na categoría de Mellor Canción Orixinal deste ano, así como as 20 semanas consecutivas nos primeiros postos das listas de vendas e ser finalista a Mellor Artista estatal nos premios MTV Music Awards 2011.

 Ourense, 14 de febreiro de 2012.

Xuventude trae a Ourense ao artista hip hop Nach