MOCIÓN SOBRE O GRAO UNIVERSITARIO DE ENXEÑERÍA FÍSICA
É a quinta ocasión que neste salón de plenos se trata este asunto sobre o que sempre se acadadou a unanimidade de todas as forzas políticas. A última vez que se falou sobre Enxeñaría Física foi o pasado mes de xuño, tralo pau que supuxo a inesperada paralización do proxecto cando xa se contaba coa implantación do Grao para o curso actual 2014-15.
O Campus de Ourense necesita uns estudos con contidos amplos en Física e Matemáticas que actualmente non ten. Tívoos dende 1995 até 2009, pero foron pechados a partir de acordos declarados ilegais no 2012 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Polo tanto, soamente se está a pedir recuperar o que nos foi arrebatado ilegalmente co obxectivo de poder ter un servizo no ámbito da educación superior que resultaría especialmente importante para los cidadáns de Ourense.
Este ano, máis de 40 alumnos de Bacharelato non poderán cursar o Grao en Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC) xa que cubriu as súas 100 prazas ofertadas no primeiro prazo de matrícula. Daquela, a implantación do Grao en Enxeñaría Física é unha necesidade urxente do Sistema Universitario Galego (SUG) debido á crecente demanda de alumnos que desexan estudar Física (por exemplo, o número de solicitudes na USC ten pasado de 70 a 140 nos últimos 5 años).
Ao mesmo tempo, temos no noso Campus 19 doutores en Física con capacidade docente (15 funcionarios de carreira y 4 investigadores contratados baixo o programa Ramón y Cajal) aos que lles corresponden 34 h de clase en grao ao ano neste curso. Se non se tramita o Grao en Enxeñaría Física antes da data límite do próximo 1 de decembro, esta aberrante situación de falta de optimización de recursos públicos permanecerá o vindeiro curso 2015-16.
A recuperación dos estudos de Física é unha causa xusta que conta cun apoio social en Ourense, que cubriría un baleiro na oferta de grao do Campus na área científico-tecnolóxica e que enriquecería o SUG. Contamos cos medios humanos y materiais necesarios e temos a idea, pois está acreditado, que Enxeñaría Física non só conta cunha importante demanda potencial de alumnos senón que proporcionaría unha solución ao desfase actual de oferta-demanda dos estudos de Física en Galiza. E temos un proxecto cuidadosamente elaborado a falta de resolver as menores deficiencias expostas no informe final de menos de unha páxina emitido o pasado mes de xullo pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG).
Polo exposto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte
ACORDO
Urximos á Xunta de la Galiza e á Universidade de Vigo a que, antes do prazo límite do próximo 1 de decembro, procedan de oficio á iniciación do procedemento de implantación no campus de Ourense do Grao en Enxeñaría Física para o vindeiro curso académico 2015-16.
Ourense, 29 de setembro de 2014