O BNG apoia as mobilizacións dos afectados polo peche do IES A Carballeira
O BNG apoiou hoxe a concentración convocada polo consello escolar do IES A Carballeira.
Esta é a primeira das accións levadas a cabo logo de coñecer a conversión do instituto nun centro de Formación Profesional.
Os nacionalistas apoiaron as reivindicacións do alumnado, nais e pais e profesores que criticaron, entre outras cuestión, a masificación que se vai producir no instituto do Couto, centro onde van ser adscritos as alumnas e alumnos que ata o e agora cursaban ESO e Bacharelato na Carballeira.
Asemade, na Carballeira dase a circunstancia de que hai unha alta porcentaxe de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que a partir de agora non poderán receber unha educación tan personalizada. Neste senso, a ratio profesor-alumno no IES A Carballeira era óptima para unha educación de calidade.
Esta medida do goberno do PP supón un grave deterioro do ensino público na nosa cidade polo que o BNG estará sempre apoiando todas as mobilizacións convocadas polos afectados.
Á concentración asistiron militantes e representantes instituiconais e orgánicos do BNG