O fin non xustifica os medios
Dende o BNG sinalan que o actual alcalde quixo sacar rédito electoral coas denuncias interpostas a membros da organización frontista durante a época do bipartito no concello de Ourense.
Dende o BNG sinalan que o actual alcalde quixo sacar rédito electoral coas denuncias interpostas a membros da organización frontista durante a época do bipartito no concello de Ourense.
Noa Presas: “É inhumano que unha nai cunha urxencia teña que coller o coche e desprazarse máis de 30 quilómetros ata A Rúa
Viana continuará avanzando malia a pinza PP PSOE que impedirá destinar a usos sociais e infraestruturas máis de 360.000 euros e prexudicará á veciñanza
Os brigadistas advirten da urxencia de revisar o modelo porque os lumes mesmo están a influír no clima
Noa Presas sinala que un novo goberno na Xunta deberá utilizar medidas fiscais para desincentivar o mantemento de vivendas baleiras e promover políticas de alugueiro para os colectivos máis vulnerables.
Noa Presas denuncia a precariedade do emprego e lembra que o 33% da poboación activa en Ourense -a que está en desemprego ou con salarios de miseria- vive en situación obxectiva de exclusión social.
Son Moncho Boán. Son profesor, recentemente xubilado. A miña actividade no nacionalismo empezou con Erga, no 73, tiven participación na NPG no 74, e a miña vida social transcorreu ligada ao mundo sindical. Tiven diversas responsabilidades tanto na Federación do Ensino da CIG como na Confederación. Participar agora desta candidatura non é máis que unha continuidade natural de cincuenta anos de militancia no nacionalismo nas súas distintas frontes.
Son Maribel Poysa. Nacín na Coruña, no barrio de Montealto, en 1960. Levo traballando como enfermeira desde 1980. Fun supervisora da UCI no Canalejo e supervisora de área no CHUO. Agora traballo nas Urxencia en Xinzo. Vivo dende hai dezaseis anos en Allariz, onde son concelleira de Benestar Social.
No ámbito da miña responsabilidade municipal, no do benestar, hai moito, moito que facer. Preocúpame a atención aos maiores, pero tamén o aumento de casos de violencia no fogar que teñen que ver coa crise económica.
Chámome Ángel Amaro, nacín no ano 1987 no Pereiro, na parroquia de San Martiño. Emigrei con 13 anos cos meus pais a Alacante. Iso foi no 2001. Alí fixen estudos de Socioloxía, ao rematar fixen dous máster. Fun voluntario na Cruz Vermella, estiven no movemento LGTB e noutros movementos sociais vinculados á universidade e aos temas de ensino. Despois tiven unha beca durante catro anos na Universidade, e agora ando cos estudos de doutoramento a distancia. Vivo en Ourense. No Pereiro.
Dinme de alta no Bloque en novembro do 2015, inda que tiña certa relación coa fronte desde setembro de 2013.