O BNG pide no Parlamento galego que a Xunta incremente a súa actividade cultural na cidade de Ourense para paliar o desmantelamento promovido desde o concello
Os nacionalistas queren saber se a Xunta de Galiza ten previsto levar a cabo algún tipo de iniciativa para paliar ou mitigar a inactividade e peche de espazos de creación e exhibición artística e cultural derivados das decisións do Concello de Ourense