O BNG demanda que a Deputación de Ourense desautorice á Xunta de Galiza do PP ante a privatización da xestión do CAPD
Bernardo Varela “Recusar a decisión da Consellería de Política Social e unha reunión urxente da conselleira cunha delegación de nais e pais xunto cos representantes provincias é o acordo de mínimos para avanzar cara a xestión pública e directa do CAPD de Ourense.”
Desde o grupo provincial do BNG consideran unha falta de respecto e empatía inescusable o desprezo amosado pola conselleira tras non dar resposta ás peticións de reunión realizadas, mesmo por escrito, polas familias da Plataforma ProCAPD Ourense.