Destacadas
“Mentres non se garanta a subsistencia aos desempregados non se debería falar doutra cousa”
03/set./2016
A candidata do BNG fixo estas reflexións ao comezo dun acto aberto en Paderne de Allariz no que chamou á militancia e aos simpatizantes dos concellos da bisbarra de Ourense a desenvolver unha campaña nas rúas e en contacto con esa veciñanza que ve no Bloque un partido comprometido e leal co país.