Novas
O BNG proporá a convocatoria dun Pleno Provincial Extraordinario ás forzas da oposición se Baltar e o PP non aclaran e asumen as consecuencias polas reiteradas sancións e uso indebido de vehículos públicos.
27/abr./2023
De non obter respostas e sen que o Presidente asuma as responsabilidades correspondentes, solicitaremos o respaldo dos grupos da oposición para a convocatoria dun Pleno Extraordinario onde tratar en profundidade a situación e dirimir as responsabilidades de Baltar e o Partido Popular