O BNG pedirá en Pleno a elaboración dunha Ordenanza reguladora dos usos de vivendas para fins turísticos
Desde o Grupo municipal nacionalista sinalan que pese a que a día de hoxe o fenómeno aínda non ten unha gran afectación en Ourense, “de non adoptar as medidas oportunas e neste momento, a situación podería derivar en insostible e incontrolabre nun futuro non moi lonxano tal e como está acontecendo noutras cidades do país”