Tereixa Paz exixe a retirada do Plan Sectorial da Rede Viairia de Ourense
A deputada Tereixa Paz considera que este plan, malia prever investimentos de 160 millóns de euros, non soluciona os problemas de comunicación e de seguridade viaria polo que apoia as demandas da cidadanía que solicita a súa retirada.
A deputada do BNG ven de presentar no día do hoxe no Parlamento unha iniciativa instando á Xunta de Galiza a retirada do plano plan sectorial da rede viaria de Ourense e a súa area de influencia por prever a realización de investimentos que non cumpren cos seus obxectivos, non adecuarse ás necesidades de comunicación e polo negativo impacto social e territorial que implica.
O primeiro despropósito sinala a deputada na memoria indica como obxectivos a comunicación co parque empresarial do Val da Rabeda e coa autovía A-76, que como todas sabemos son infraestruturas que nin existen nin van existir, nalgún caso pola propia decisión da Xunta de Galiza.
A esta manifesta falta de rigor na elaboración deste plan hai que engadir que as solucións que propón nalgún dos casos, como é o enlace do polígono industrial de San Cibrao coa A-52 non cumpre co seu cometido de acurtar as distancias nin os tempos de chagada actuais. A solución proposta pola Xunta faise nunha vía con grandes pendentes superiores ao 7%, numerosas curvas todo o mundo sabe que isto non é o idóneo para a circulación de vehículos pesados como é o caso dunha zona industrial e empresarial sentenza Tereixa Paz.
Por outra parte o seu trazado ten un gran impacto sobre a poboación xa que rompe aldeas, afecta a moitas vivendas, algunhas porque serán derrubadas e outras ficarán pegadas á estrada, e crea novos puntos negros na nacional 525 relata Paz.
O BNG tamén lle reclama á Xunta que nun prazo non superior aos seis meses comece as obras de mellora viaria no polígono de San Cibrao e un proxecto para enlazalo coa autovía, mellorando o tramo da 525 que mellore os tempos de chegada, pero que nin implique investimentos multimillonarios nin estragos nas propiedades dos veciños reclama a deputada do BNG.
En conclusión solicitamos a súa retirada por ser un plan propagandístico xa que non conta con consignacións orzamentarias, porque se oculta á cidadanía información sobre trazados que lles afectan moi gravemente e sobre todo porque non cumpre ningunha funcionalidade na mellora da mobilidade nin da seguridade viaria. Gastar os cartos que recortamos de sanidade e de educación en cemento sen lograr reducir tempos nin distancias é simplemente un despropósito afirma Tereixa Paz.