O BNG pula por un modelo de concello onde as persoas sexan o centro das políticas de mobilidade
A formación nacionalista aposta pola democratización dos espazos públicos e polo reforzo na seguridade viaria.
Desde o grupo municipal do BNG no Concello de Ourense trasladamos a nosa preocupación polos continuos sinistros relacionados coa seguridade viaria e o tránsito de peóns nas rúas de Ourense. A formación nacionalista entende que é responsabilidade dos Concellos traballar en humanizar e democratizar as rúas e espazos públicos das cidades, contribuíndo a que sexan espazos seguros e de convivencia, polo que deben traballar arreo en minimizar ao máximo os riscos e as cosecuencias dos sinistros que se poidan producir.
"É preciso apostar por cidades onde os peóns sexan a prioridade e porén as rúas e espazos públicos estén pensadas para eles, é preciso invertir a escala de prioridades" comezou sinalando o voceiro municipal do BNG, Luis Seara, mentres priorizaba as actividades, xogos, conversas ou simplemente "os desprazamentos que os veciños decidan realizar a pé sobre a mobilidade motorizada". Seara continuou explicando que "deben ter preferencia en tódolos espazos públicos os usos peonís, agás naqueles lugares onde sexa imprescindible e esté xustificada a preferencia motorizada".
Desde a organización nacionalista destacaron, entre as súas demandas, establecer claramente as prioridades de usos da vía pública e especialmente daquelas reservadas prioritariamente ao uso peoníl. Nestas zonas, entederon que ten que existir o denominado principio de adaptación da conducción á preferencia peoníl, é dicir, "as persoas conductoras de calquera tipoloxía de vehículo deberán adaptarse en canto a conduta e velocidade, de xeito que non perturbe, atemorice, intimide ou orixine perigo cara os peóns cando circulen por estas zonas".
Así mesmo, sucede algo moi similar nos paseos fluviais ou coas sendas peonís onde o BNG entende que deben ser zonas de coexistencia entre os novos elementos de mobilidade coma poden ser bicicletas ou patíns pero tendo claro que a prioridade nestas zonas son dos peóns. "Para o BNG a solución non pasa por prohibir o uso destes elementos de mobilidade destas zonas senon de delimitar claramente os seus percorridos, de controlar e penalizar aqueles comportamentos á marxe da normativa vixente e mesmo de educar e sensibilizar á poboación no seu conxunto" destacaron. "Non se trata de sinalar ou criminalizar a ningún colectivo dependendo do medio de transporte que emprege non seus desprazamentos senón de por as condición para que poida existir unha convivencia pacífica entre todos".
Desde o grupo municipal do BNG no Concello de Ourense reiteraron a súa aposta pola creación de cidades pensadas e diseñadas para as persoas, con rúas e espazos públicos que chamen ao seu disfrute, a poder facer vida veciñal e comunitaria pero que ao mesmo tempo non supoñan a expulsión ou sinalamento de ninguén.