O BNG reclámalle á Xunta de Galiza a execución total do vial de conexión entre a N-525 e Barrocás que permita mellorar os accesos ao CHUO e desconxestionar as rúas Marcelo Macías e Ramón Puga
Nestes días, a Xunta ven de presentar o proxecto de vial, de 640 metros de lonxitude, que conectará a N-525 coa avenida do Regato, “facilitando” un acceso directo que aliviará o tráfico que accede por Marcelo Macías pero que “non resolve o problema”
Segundo o BNG, “este proxecto da Xunta non é máis que un parche que obvia o principal problema existente que é o colapso da rua Ramón Puga tendo en conta que autobuses, ambulancias, vehículos que acceden a urxencias e consultas, o tráfico ordinario que vai cara Barrocás e Rairo, e os vehículos que entran e saen do aparcadoiro do Hospital, están obrigados a acceder por unha vía de un único carril en cada sentido”
Ourense, 24 de agosto de 2023. O BNG celebrou esta mañá unha rolda de prensa nas inmediacións do CHUO e na que participaron polo Grupo municipal no Concello de Ournse Luís Seara e Erea Blanco, os deputados provinciais Bernardo Varela e María Mangana así como os deputados no Parlamento Galego Noa Presas e Iago Tabarés.
Comezou as intervencións o Portavoz provincial Bernardo Varela, quen salientou que “temos que remontarnos ao ano 2000 para chegar a un dos momentos históricos máis lamentables para a historia de Ourense, que foi o regalo da finca Santamariña a inmobiliaria Flager por parte de Baltar”, e engadiu, “ese feito tivo consecuencias para o futuro desenvolvemento dun espazo que para nós está chamado a ser o gran pulmón verde dunha cidade convertida nun deserto de granito e asfalto”.
E é que tal e como lembraron os nacionalistas, foron moitas as vicisitudes sufridas ao longo destes 23 anos, que provocaron que esa Area de Reparto (AR) na que a maioría era propiedade de Flager e o Corte Inglés, e que tiña á Deputación como socio maioriotario na Xunta de compensación, logo de recuperar parte da superficie vendida a Flager, ao entrar esta empresa en concurso de acreedores.
Varela adiantou que “o feito de que a Deputación máis Urbaourense, teñan o 51% da superficie da AR é un feito de enorme relevancia para a proposta que hoxe queremos trasladar”.
“No PXOM do ano 2003 estaba prevista un vial desde a N-525 ata Barrocás que tiña que desenvolver a iniciativa privada. Cae o plan de 2003, sen que nada se fixera, e a Xunta aproba en 2014 o plan sectorial da rede viaria de Ourense. Nese momento propúxoselle que incluira ese vial no plan pero a Xunta non o tivo en conta”.
Pola súa banda, o Portavoz nacionalista no Concello Luís Seara, recordou que no PXOM de 2013 continúase con mesmo deseño, cunha xestión prácticamente igual en canto a que o desenvolvemento corresponderíalle á iniciativa privada, “pero o PXOM segue sen aprobarse”.
O certo é que nestes días, a Xunta ven de presentar o proxecto de vial, de 640 metros de lonxitude, que conectará a N-525 coa avenida do Regato, “facilitando” un acceso directo que aliviará o tráfico que accede por Marcelo Macías pero non resolve o problema.
Para Luís Seara, “este proxecto da Xunta non é máis que un parche que obvia o principal problema existente que é o colapso da rua Ramón Puga, tendo en conta que autobuses, ambulancias, vehículos que acceden a urxencias e consultas, o tráfico ordinario que vai cara Barrocás e Rairo e os vehículos que entran e saen do parking do hospital, están obrigados a acceder por unha vía de un único carril en cada sentido”.
Ante esta situación, desde o BNG insisten na necesidade de que “se a Xunta quere facer unha infraestrutura que dea solución aos problemas de tráfico e que contribúa a mellorar a mobilidade no conxunto da cidade, pedímoslle que faga a totalidade do vial, tal e como está previsto no PXOM de 2013, e que ese vial poida posibilitar o acceso directo dos vehículos ao CHUO, liberando o tráfico en Marcelo Macías e Ramón Puga”.
A deputada Noa Presas foi tallante ao afirmar que “vai sendo hora de que a Xunta aposte por proxectos de verdade, e non por proxectos de saldo aos que o Goberno galego nos ten acostumados. Ahí están os casos da reforma de Marcelo Macías, a reforma dos Remedios, da Ponte Vella, do Ecobarrio da Ponte e tantas outras. Esta obra sen dúbida contribuiría a saldar parte da débeda histórica que a Xunta ten con Ourense e mellorar a calidade de vida da veciñanza”.
Por tal motivo, desde o BNG, e tal e como anuncio Presas, levarán esta proposta de cidade ao conxunto das institucións do País, “porque xa perdemos varias veces o tren do desenvolvemento da cidade, e non podemos perder máis”.