Moción en contra da supresión do bacharelato de música e artes escénicas
Texto íntegro da moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O BNG tivo coñecemento de que o anteproxecto da chamada Lei orgánica para a mellora da calidade educativa que está elaborando o Ministerio de Educación pretende suprimir unha das vías coas que conta na actualidade o Bacharelato de Artes. Segundo o texto da lei, manterase unicamente a opción do Bacharelato de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe e suprimirase a opción de Artes Escénicas, Música e Danza.
Trátase dun bacharelato que se implantou coa LOE despois de anos de demanda e que lle permite ao alumnado dos conservatorios de música cursar, ao mesmo tempo, os estudos de bacharelato mediante un sistema de validacións. Así mesmo, permítelles acceder ás escolas de ensinanzas artísticas e ás universidades que puxeron en marcha graos relacionados coa música, a danza ou as artes escénicas.
Na cidade de Ourense, este bacharelato implantouse no IES Portovello e, desde hai dous
anos, pasou a impartirse no IES As Lagoas, compartindo horario lectivo co Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Na actualidade está funcionando con éxito de demanda e de resultados académicos. A súa desaparición obrigará os alumnos a unha sobrecarga académica nunhas ensinanzas que son moi esixentes e que implican moitas horas de estudo e moitas horas de práctica. Por outra parte, as rapazas e rapaces que seguen esta vía poden presentarse á selectividade a través desta modalidade, se se suprimise estarían en inferioridade de condicións porque terían que se presentar a exames para os que só cursaron as materias comúns e xa non estarán recoñecidas as da súa modalidade.
O mantemento desta vía non supón ningún custo e
Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación a adopción dos seguintesngadido posto que os alumnos e as alumnas reciben clases en dous centros que xa estaban funcionando e co mesmo profesorado que antes de implantala. Así pois, non parece que sexa a situación económica actual a que fundamente esta decisión. Pola contra, a importancia da música na nosa cultura e a necesidade de formación en todos os ámbitos serían xustificación suficiente para o investimento, se o houber.
ACORDOS
1. Instar á Xunta de Galiza para que, facendo uso das súas competencias en materia educativa e cultural, lle solicite ao Ministerio de Educación o mantemento do Bacharelato de Artes Escénicas, Música e Danza na redacción que lle dea ao proxecto da Lei orgánica para a mellora da calidade educativa.
2. Apoiar as reivindicacións que o Claustro e o Consello Escolar do Conservatorio Profesional de Música de Ourense fagan na demanda do mantemento desta opción do bacharelato e en contra da redución das opcións nos estudos postobrigatorios.
Ourense, 26 novembro de 2012
[ Descargar Moción Contra desaparicion bacharelato musical artes escénicas ]