O BNG considera inaceptable calquera sanción ao doutor Castrillo e demanda o arquivo e as desculpas do PP
Noa Presas afirma que a única saída admisible é que se retire o expediente, que a sanción non sexa nin dun minuto nin un só euro, e que o PP pida desculpas por ser a man escura desta persecución.