O BNG sinala que a piscina termal das Burgas podería abrir mañá e se non o fai é “porque a Jácome non lle da a gana”
O Grupo municipal do BNG desmonta os argumentos de carácter “técnico” esgrimidos polo Alcalde para xustificar o peche da piscina
Para os nacionalistas, a verdadeira razón é que “Jácome quere privatizar todo o complexo termal e até que non o consiga, seguirá privando a veciñanza de Ourense do uso dun espazo único e no que se investiu máis de medio millón de euros”