Novas
Rhut Reza, Luís Seara, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco

O BNG traslada ao Consello de Contas o escrito da Intervención municipal e varios informes de reparo para a súa fiscalización e, de ser o caso, para a depuración das responsabilidades que puidesen derivarse

O Grupo municipal nacionalista trasladou esta mañá ao Ente fiscalizador galego o escrito de incidencia presentado pola Intervención municipal e incorporado ao expediente do Pleno extraordinario celebrado onte así como das notas de reparo referenciadas nalgún dos expedientes

Ler novas
bng Puga, Albert, Vilasanchez BNG Valdeorras

O BNG denuncia a discriminación histórica que exerce o PP cara a comarca de Valdeorras a través dos orzamentos da Xunta e da Deputación de Ourense

María Albert “Os orzamentos da Xunta para 2024 confirman o abandono do PP a Valdeorras”

 Xosé Manuel Puga “ O BNG presentará propostas e emendas aos orzamentos da Xunta, deputación Provincial e Goberno do Estado, en canto se presenten, para corrixir este abandono”

Xesús Vilasanchez “ analizaremos polo miúdo os ínfimos orzamentos para a comarca nos que botamos en falta unha base medicalizada do 061 para a Valdeorras e unha unidade de pneumoloxía para o Hospital de Valdeorras “

Ler novas

PRESAS: “OS ORZAMENTOS 2024 CONFIRMAN O ABANDONO DO PP A OURENSE”

Para o BNG “son un refrito de promesas retrasadas no tempo, sen medidas novas para blindar servizos como a sanidade pública nin para o impulso económico”

Lamenta que “non haxa nin un só euro para as promesas de Rueda á cidade, nin termalismo, nin transporte metropolitano, nin plantación de árbores, nin ecobarrio, nin apoio ao campus ou novas especialidades sanitarias”.

Ler novas

O BNG advirte da perigosa deriva do Concello de Ourense e das actitudes cada vez máis dictatoriais do Alcalde, “algo que nós non ímos consentir”

As faltas de respecto constantes, a dirección dos Plenos e as dificultades para o lexítimo dereito da Oposición a exercer o control e a fiscalización da acción de Goberno “teñen que rematar”

Desde a formación nacionalista anuncian a presentación dunha proposta de modificación do Regulamento de Organización pois entenden que o actual “está desactualizado e non resolve problemáticas que se dan a día de hoxe no funcionamento orgánico do Concello ou nos Plenos”

Ler novas