O BNG REPROBOU AO ALCALDE DE OURENSE
Aprobóuse o informe anual da comisión de suxestións e reclamación non sen pedir o BNG que se traballara na procura de máis informacións a@s cidadáns para que reflectise en maior medida a realidade do sentir da xente. Neste sentido o BNG realizou unha proposta na propia comisión para darlle contido e utilidade á mesma.
Aprobóuse tamén a ordenanza de axuda no fogar en cuxa redacción os representantes do BNG colaboraron activamente para que a renda fose tive peso na valoración do acceso ao servizo facendo así que os recursos se empreguen en quen máis o precisa. Manifestamos que se aprobaba esta nova norma por imposición da Xunta e que a partir de agora sería máis difícil o acceso a este servizo ao que se lle suman os recortes da Xunta.
Ordenanza sobre protección cotra ruídos e vibracións, aprobamos a modificación que se fai por solicitude do BNG nunha xunta de área e fai referencia á mellora da calidade acústica dentro dos locais. Aproveitamos para pedir que se cumpra a ordenanza e mais lembramos que seguimos agardando pola nova ordenanza de terrazas.
Houbo unanimidade e aprobouse inicialmente o regulamento da Casa da Mocidade. Fomos moi críticos co feito de que siga pechada porque o grupo de goberno se nega a facilitar o traslado do persoal necesario para poñer en funcionamento esta infraestrutura a pesar de que varias traballadores amosaron a súa dispoñibilidade.
Tamén se aprobou por unanimidade a modificación da ordenanza reguladora do deber de conservación, inspección técnica de edificios e declaración de ruína, por instancia do BNG tamén neste caso.
O PP presentou unha moción para acondicionar o tramo de rúa entre Habana e Concello. O Bloque apoiou a proposta pero apuntou que tamén se debería prestar especial atención aos barrios periféricos cuxas rúas precisan, cicais, máis reparación. Nese sentido adiantamos que no próximo pleno o BNG presentará unha proposta sobre o necesario acondicionamento e mellora do perímetro rural. Unanimidade
Unanimidade tamén en apoiar unha moción do PP que solicitaba a creación dunha comisión de investigación para aclarar a xestión municipal nas obras da Muiñeira, outro proxecto comezado polo BNG cando formaba parte do goberno municipal e destinado á creación de emprego.
O BNG pediu a retirada dalgunha das infraestruturas do plan sectorial viario da Xunta, nas parroquias de Velle, Santa Cruz e Seixalbo, por se tratar de trazados que causarían graves danos nesas parroquias sen mellorar substancialmente a conectividade.
Un plan do que se decatou á cidadanía a través da información facilitada polo BNG porque nin dende a Xunta nin dende o Concello -que presentou as alegacións de xeito unilateral- se puxeron en contacto cos veciños en ningún momento. Non se aprobou a moción.
Moción do BNG solicitando a anulación do decreto polo que se nomeou a Carmen Rodríguez Dacosta coordenadora de grupo político. Aprobouse cos votos do PP e a abstención de D.O.
Non saíu adiante a proposta do PP na que pedían que a organización e coordenación das actividades culturais desenvolvidas polo Concello se xetionasen con recursos humanos propios. O BNG pediu a retirada da moción co compromiso de aprobala se se lle daba unha redacción máis concreta ao acordo porque, malia concordar con algúns aspectos do acordo solicitado, podía causar graves prexuízos ao tecido asociativo cultural ourensán. Dado que o PP se negou a modificala, o BNG decidiu votar en contra.
Aprobóuse a moción do BNG para o mantemento dos postos de traballo en T-Solar. Instamos ao alcalde a pedir unha xuntanza co presidente da Xunta para valorar a viabilidade das propostas de compra que varias empresas teñen sobre a mesa. Asemade, tamén solicitabamos que se instase ao goberno español para volver a primar ás enerxías renovábeis que foran suprimidas para favorecer as grandes eléctricas.
Moción de D.O para que se manteña no Campus de Ourense o grado de inxeniería física. Aprobóuse por unanimidade.
Moción conxunta de todos os grupos para aprobar as propostas presentadas pola comisión cidadá sobre desafiuzamentos. Finalmente e tras 6 meses de espera chegaron ao pleno as propostas da comisión creada a instancias dunha moción do BNG e na que diferentes coletivos sociais da cidade participaron en reunións dende o mes de marzo. Algunhas delas;
Telefone de atención a@s afectad@s.
Contacto con entidades sociais que organizan recollida de alimentos e bens para que os cidadáns que o desexen poidan facer aportacións.
Base de datos das persoas afectadas
Especial atención ás persoas en situación de vulnerabilidade para facelas partícipes dos programas de realoxamento.
Posta a disposición dun vehículo municipal para as mudanzas
Fraccionamento e aprazamentos no pago do IBI
Apoio institucional para mediar diante das entidades financeiras
Ter en conta por parte da administración á hora de contratar, qué entidades executan desafiuzamentos
Por último aprobóuse a moción de urxencia presentada polo PP para reprobar ao alcalde. Dende o BNG sinalamos todos os incumprimentos dos últimos meses por parte do goberno coas mocións presentadas polo bloque e aprobadas en pleno, a nosa disconformidade cunha proposta de orzamentos que ignora todo este traballo e que non presenta un proxecto para a cidade nen traslada políticas de esquerda, así como o malestar porque o grupo de goberno non dese ningún paso firme, alén de algúns movementos tímidos, para levar adiante os compromisos que lles pedimos no pasado pleno extraordinario para non votar a favor da súa reprobación. En vistas da actitude do goberno, dos nulos pasos dasos nese sentido e da cantidade de oportundiades que o BNG ten brindado ao grupo de goberno para impulsar políticas de esquerdas e que este ten desatendido o BNG votou a reprobación do alcalde.
No turno de rogos e preguntas, o BNG interesóuse pola contratación dun profesor-a de violín na escola muncipal de música.
Tamén foi o pleno no que pedimos a liberdade para Arnaldo Otegi