As propostas do BNG en materia de persoal acadaron o apoio dos grupos da oposición
A primeira das modificacións de créditos debatidas no pleno, 581.000 para o pagamento de facturas atrasadas e de expropiacións a particulares, foi apoiada polo BNG para que os provedores e os propietarios dos terreos expropiados poidan cobrar. Porén o BNG fixo fincapé na necesidade de presentar orzamentos para cada exercicio co que se evitaría a necesidade de traballar a base de modificacións. Sería bo tamén modificar as bases de execución dos orzamentos do concello para evitar problemas coa tramitación de facturas presentadas ao final do exercicio. Destacou a mala xestión que o PSOE fai do orzamento municipal, que soamente levaba executado o 52% no mes de setembro.
No punto no que se debatían as alegacións e a aprobación definitiva da modificación de oito millóns de euros que foi ao pleno do mes de setembro e na que o BNG xa votara en contra, os nacionalistas ratificaron o seu votou en contra porque se detraeron cartos de Persoal para outras partidas sen ter compensado a perda da paga extra tal e como se acordara en sesión plenaria.
Cos votos do PP e DO saíu adiante a proposta do BNG para anular as novas bases de selección de persoal funcionario interino e laboral e convocar a mesa de negociación para pactar unhas novas. O BNG pedira a súa retirada -ao igual que os sindicatos- porque non se cumpre o principio de publicidade nin o de igualdade, pois cada convocatoria poderá fixar as súas propias bases.
Tanto o PP como DO apoiaron a moción nacionalista na que se pedía unha modificación da RPT para poder estabelecer cales son os postos de traballo necesarios para parar a privatización dos servizos públicos que está a levar a cabo o PSOE e garantir o seu normal funcionamento. Determinar cales son estructurais e cales os coxunturiais relacionados con programas ou necesidades de duración determinada. Tamén se pediu que se convocase un concurso de traslados. Unha vez feito isto poderíanse xustificar as posíbeis contratacións que nos últimos tempos están sendo denunciadas e sobre os que xa se ditaron varias sentenzas en contra.
Contou co apoio do PSOE a moción do BNG para que se instara ao goberno español manter a lei do aborto do ano 2010. Asemade, pedíase que calquera muller que queira abortar o poida facer en hospitais públicos galegos. No que se refire ao Concello, acordóuse pór en marcha unha campaña institucional de información e divulgación da lei do 2010 así como información para que as mulleres saiban con qué recursos poden contar.
A corporación tamén aprobou a moción do PP para que se creara no Pavillón un ha ludodeca. O equipo de goberno argumentou que nestes momentos era imposíbel por falta de espazo e persoal.
Debatéronse tamén dúas mocións, unha do BNG e outra do PP, para contratar un profesor de violín para a Escola Municipal de Música. As dúas foron aprobadas e o goberno comprometéuse a facer todo o posíbel, logo de cargar contra o decreto que prohíbe as contratacións daqueles servizos que non se consideran imprescindíbeis.