Novas

O BNG amosa todo o seu apoio ao Grupo Municipal no Concello de Ourense e asegura que continuará traballando na alternativa que Ourense precisa

Noa Presas: “a pesares dos lamentábeis comportamentos aos que Jácome xa nos ten acostumados, con insultos, inxurias e faltas constantes de respecto, non vai facer que o BNG deixe de traballar arreo na alternativa que este concello merece”

Ler novas

O BNG amósase radicalmente en contra da "reformulación" dos premios Cidade de Ourense e Vicente Risco anunciada polo Goberno PP-DO

Os nacionalistas califican ao actual Goberno Local como destructor de todo o que toca e que ten especial inquina coa cultura. Destacan o que significa o verbo "reformular" para este goberno, e se non que llo pregunten á UPO

Consideran positivo que se pretenda crear un novo certame dirixido á mocidade mais non a costa de destruir dous dos máis prestixiosos premios do país

Ler novas