O BNG demanda o reforzo da liña de tren Ourense - Santiago ante o aumento de viaxeiras e viaxeiros durante o nadal
O Grupo Parlamentar do BNG pregúntalle á Xunta de Galiza sobre as medidas preventivas adoptadas por Renfe na liña Ourense - Santiago ante o aumento de viaxeiros así como polas xestións feitas polo executivo galego para paliar a situación