turismo
Novas
Erea Blanco, Xosé Manuel Puga, Luís Seara e Rhut Reza

O BNG reafirma o seu compromiso co termalismo de Ourense: xestión directa, público e gratuíto para a veciñanza

A formación nacionalista adianta que defenderá “o que sempre pedimos, xestión directa das instalacións e un termalismo público e gratuíto para a veciñanza que o emprega de xeito habitual”. No BNG non pechan a porta á “búsqueda de fórmulas de pagamento para o turismo polo seu uso e que contribúan así ao seu mantemento e mellora”. No BNG reclaman a reapertura da piscina “xa”

Ler novas
Novas
O deputado por Ourense do BNG Iago Tabarés

O BNG pediralle á Xunta, vía Parlamento, concreción sobre o anuncio feito a semana pasada polo Presidente Rueda de instalar en Ourense a “Área de Turismo Termal de Galiza”

Desde a formación nacionalista lembran que non é a primeira vez que se fai un anuncio similar, pois xa o fixo Núñez Feijoo presidindo a Xunta, sen que houbese concreción posterior do proxecto

No BNG queren que o Executivo galego concrete cal é o cronograma, a estrutura, a ubicación e o orzamento co que vai contar esta nova Área de Turismo Termal

Ler novas
Novas

Mediados de xullo e as termas pechadas. O BNG pídelle á nova responsable de termalismo, Flora Moure, que se deixe de contos e esixa da Xunta unha moratoria na aplicación da lei galega de termalismo

Para Rhut Reza "non é admisíbel que unha semana despois de recuperar as competencias non se chantase en Santiago, diante do Conselleiro, solicitando unha moratoria que permita salvar a tempada de verán"

"O termalismo é chave para o turismo e a reactivación económica e social da cidade"

Ler novas