BNG de Ourense
Novas

O BNG denuncia caos e descontrol no envío de notificacións a particulares para a limpeza e o desbroce de solares

Os nacionalistas denuncian que coa externalización do servizo por parte do Concello de Ourense, estanse remitindo notificacións de solares xa limpos ou aos que mesmo nos lles corresponde. Ditas notificacións incorporan ameazas de sancións

A situación está a crear un aluvión de reclamacións no Rexistro do concello, o que está a tensionar dito departamento

Ler novas
Novas
Bernardo Varela durante a feira de Celanova

PP vota en contra da proposta do BNG de defensa dos produtores do sector primario galego ante os abusos dos grandes intermediarios

Bernardo Varela reclamou medidas para frear entre os produtores do sector primario a crise polo aumento dos custes de produción, e impedir os abusos de grandes intermediarios, que por vendas a perdas, pagan  prezos por debaixo do valor de produción aos gandeiros e agricultores de Galiza.

O BNG oponse á privatización do servizo de recollida de lixo da Deputación provincial.

Ler novas
Novas

O BNG pide información clara e campañas de concienciación sobre as agresións sexuais con submisión química

Diante do anuncio do novo protocolo do CHUO, “calquera intento de mellorar a atención é benvido, pero é necesario que se acompañe de información clara sobre a situación e campañas dirixidas tanto a potenciais agresores como vítimas”

 

O BNG pide tamén garantir formación para as e os profesionais, seguimento e avaliación do protocolo e que se poida analizar en Ourense calquera substancia das empregadas para este tipo de agresións

Ler novas
Novas
Luis Seara, Noa Presas, Rhut Reza e Iago tabarés

O BNG presenta emendas aos orzamentos da Xunta para compensar a Ourense

Presenta unha batería de emendas por valor de 50 millóns de euros para compensar a Ourense polas promesas incumpridas de Feijóo e a política destrutiva do goberno PP - Jácome

Prioriza o reforzo sanitario esixindo novos centros de saúde e especialidades para o CHUO e o desenvolvemento económico garantindo recursos para termalismo, rexeneración dos ríos e impulso da zona histórica

Ler novas