Novas
CELANOVA

Iago Tabarés participa no inicio da campaña contra o espolio eólico da comarca de Celanova

O BNG esixe que o alcalde de Celanova faga público o informe arqueolóxico do proxecto de polígono eólico no Monte da Neve

 

As nacionalistas denuncian que, malia o acordo plenario alcanzado por unanimidade en abril para que o Concello ofrecese información á veciñanza, o alcalde aínda non deu a coñecer sequera as súas propias alegacións contra o proxecto.

 

A cidadanía é consciente de que Galiza non pode ser simplemente un lugar onde se espolien recursos para engordar a conta de resultados das grandes compañías eléctricas”, resumiu o deputado Iago Tabarés.

 

As nacionalistas continuarán nas próximas semanas a campaña informativa iniciada hoxe por outras localidades da comarca.

Ler novas
Luis Seara e Rhut Reza

O futuro da Universidade Popular e a posta en marcha dun plan de loita contra a pobreza irán a pleno este venres da man do BNG

No caso da Universidade Popular, para os nacionalistas non hai razóns obxectivas que xustifiquen a decisión do Goberno Local de desentenderse desta institución que tan ben funciona e tan boa acollida ten entre a veciñanza

A loita contra a pobreza e os desequilibrios socias incrementáronse como consecuencia da pandemia no Concello de Ourense de xeito alarmante polo que cómpre adoptar medidas urxentes

Ler novas
Bernardo Varela pleno provincial

O BNG demanda a intermediación da Deputación de Ourense para evitar a perda de servizos financieiros e postos de traballo na provincia.

Bernardo Varela: “Non é entendible que o sector bancario, que temos rescatado por 50 mil millóns, teña incrementado as comisións, pechado sucursais e reducido as horas de atención,”

 

Bernardo Varela:  “Non podemos permitir que aqueles que rescatamos con fondos de todos e todas deixen de lado á cidadanía”

Ler novas