Novas

O BNG pide diálogo e propón reaxustar máis de 25 millóns da actual proposta de modificación de crédito plantexada polo Goberno Local

Luis Seara:  "Este modo de proceder do Goberno Local revela a súa escasa talla democrática, ao non abrir unha canle de diálogo cos grupos e non permitir achegas dos mesmos".

"Independentemente de que acepte ou non as nosas propostas, nós queremos confrontar a súa proposta coa nosa, para evidenciar que 62 millóns de euros se poden gastar doutro xeito".

Ler novas
Bernardo Valera

O BNG esixe explicacións ao goberno provincial ante as novas inversións en granito por parte da Deputación de Ourense.

Para Bernardo varela  as novas adquiscións do goberno do PP non fan máis que afondar no desnorte co  de que se invisten en moitos casos os fondos públicos  da institución. Novamente atopamos dous contratos menores,deses dos que tanto abusa a Deputación de Ourense segundo o informe do Consello de Contas de Galiza,  que se adican a fins que dubidosamente terán un retorno socioeconómico cara a veciñanza

“Dende o Grupo Provincial do BNG ofrecémonos ao Grupo de Goberno para facer propostas en positivo, de como invertir os recursos públicos, reforzando os servizos básicos, os sectores produtivos, ou a posta en valor dos recursos naturais dunha provincia que leva anos esmorecendo” sinala o voceiro provincial do BNG

Ler novas