bng
Novas
Bernardo Varela

O BNG defendeu os intereses de Galiza no pleno provincial ante os abusos das eléctricas

Varela propuxo a creación dunha empresa pública galega de enerxía que xestionase os encoros con concesións vencidas e cando menos o 20% da enerxía producida polos eólicos instalados en Galiza.

Os partidos de Baltar e Jacome opoñense ao financiamento privincial equitativo do Plan Único proposto polo BNG e aproban uns orzamentos clientelares e tóxicos para a maioria dos concellos de Ourense

O BNG demandou a recuperación de desconexións territoriais da CRTVG

Ler novas
Novas
Bernardo Varela voceiro do grupo provincial do BNG Ourense

O BNG reafirmase na necesidade dunha empresa pública enerxética galega

 

Dendo BNG desgraciadamente temos que reiterar que ante o esperpéntico incremento dos prezos da luz, PP e PSOE continúan a esconder tras unha cortina de fume a súa responsabilidade e non apostan pola creación dun operador público de enerxía galego. Mentras en paralelo permiten o espolio dun ben público como é a auga, sin que as administracións responsables poñan límite a estos abusos. E permiten o que xa poderíamos considerar sen ambaxes como un enriquecemento ilícito por parte das grandes empresas eléctricas.

Namentres si non fora suficiente o roubo da auga dos nosos ríos, estáse a preparar en paralelo outro acto de piratería coa implantación descontrolada de megaparques eólicos en Ourense e Galiza. Privatizando neste caso o vento que enriquece o territorio de todolos galegos e galegas, coa complicidade do Goberno do Estado e a Xunta de Galiza, PSOE e PP que sempre deixan facer a unhas empresas que cada vez se senten máis poderosas e xa nin semellan respectar os caudaiss ecolóxicos mínimos.

Ler novas