concello
Novas

O BNG agarda a actuación inmediata da xustiza ante as últimas informacións nas que Jácome admite o branqueo de diñeiro negro para evitar a “posíbel destrución de probas”

O candidato Luís Seara anuncia que “ampliaremos a denuncia interposta o pasado sábado de ser preciso, aínda que entendemos que á vista dos acontecementos e dos audios coñecidos, non será necesario pois a Xustiza actuará de oficio

É unha magoa que nestes momentos, nos que os Grupos políticos tiñamos que estar falando de proxecto para Ourense, teñamos que asistir a este bochornoso espectáculo de caciques e corruptos”

Ler novas
Novas

O BNG aposta pola rehabilitación de vivenda na zona histórica no vindeiro mandato como elemento de dinamización social e económica

Luís Seara avanzou que o obxectivo é a adquisición e rehabilitación de como mínimo, 10 inmobles no próximo mandato cun investimento aproximado de 2 millóns de euros para a súa adquisición

Ana Miranda puxo en valor o enorme potencial que ten Ourense en materia de rehabilitación, mobilidade e sostibilidade e aludiu á necesidade de contar cun Goberno Local cun proxecto claro e ambicioso que permita captar fondos europeos

Ler novas
Novas

O BNG esixirá en Pleno ao Concello de Ourense o cumprimento das súas obrigas en materia de normalización lingüística

Na formación nacionalista lamentan que pese a dispór dunha Ordenanza e dun Servizo de Normalización Lingüística, a día de hoxe son papel mollado para o actual Goberno municipal. Denuncian que o Servizo de Normalización Lingüística está reducido a un servizo de tradución, esborrallando a finalidade para o que foi creado no seu día

Ler novas