A Universidade Popular e un gran pacto a prol dos Servizos Sociais a debate este venres no pleno en senllas mocións do BNG
No caso da Universidade Popular, o BNG pedirá paralizar o proceso de baixa iniciado polo Goberno Local da Federación española de UUPP.
A loita contra a pobreza, os desequilibrios sociais e o evidente colapso da Concellaría fan necesaria a sinatura dun gran pacto que permita dotar recursos e definir estratexias
O BNG levará a pleno o futuro da Universidade Popular
Faino logo de que nos últimos días o actual Goberno Local amosara a súa intención de desprenderse deste activo municipal que tan boa acollida ten entre a veciñanza
O BNG pide no Parlamento galego que a Xunta incremente a súa actividade cultural na cidade de Ourense para paliar o desmantelamento promovido desde o concello
Os nacionalistas queren saber se a Xunta de Galiza ten previsto levar a cabo algún tipo de iniciativa para paliar ou mitigar a inactividade e peche de espazos de creación e exhibición artística e cultural derivados das decisións do Concello de Ourense
No Concello de Ourense, o BNG proporá que a antiga biblioteca pública da rúa Concello se convirta en Casa da Cultura
Con esta iniciativa, os nacionalistas pretenden dotar a Ourense dun novo espazo de referencia, onde as entidades culturais e a veciñanza no seu conxunto poidan desenvolver as súas actividades
O BNG ofrece propostas no sector da cultura para superar a crise sanitaria
A formación nacionalista aposta polo desenvolvemento de actividade cultural vía online e a reformulación do formato de vindeiras datas festivas
Denuncian a inexistencia de limpeza nos colexios públicos da cidade
Levarase a pleno a situación actual da Praza de Abastos nº1
BNG, PSdeG e Ciudadanos votaron a favor na comisión de pleno
Rhut Marina Reza Álvarez, vicevoceira en Ourense
Vicevoceira do grupo municipal do BNG en Ourense
- Área de participación cidadá, turismo e termalismo.
- Área de cultura, educación, servizos xerais e seguridade cidadá.
- Área de política social, igualdade, sanidade, xuventude e voluntariado.
- Área de promoción económica, comercio, facenda e contratación.