O BNG solicita a convocatoria urxente do Consello Escolar Municipal para abordar a situación do alumnado do CEIP Irmáns Villar
Logo de ter presentado iniciativas no Parlamento de Galiza, Esta mesma mañá o Grupo municipal nacionalista, solicitou a convocatoria urxente deste Órgano municipal “co obxecto de abordar a situación derivada de que máis dunha ducia de alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar non contan inicialmente con praza no seu centro de referencia, o IES Otero Pedrayo, provocando un enorme prexuízo ao alumnado afectado e as súas familias”