enerxía
Novas
Bernardo Varela voceiro do grupo provincial do BNG Ourense

O BNG reafirmase na necesidade dunha empresa pública enerxética galega

 

Dendo BNG desgraciadamente temos que reiterar que ante o esperpéntico incremento dos prezos da luz, PP e PSOE continúan a esconder tras unha cortina de fume a súa responsabilidade e non apostan pola creación dun operador público de enerxía galego. Mentras en paralelo permiten o espolio dun ben público como é a auga, sin que as administracións responsables poñan límite a estos abusos. E permiten o que xa poderíamos considerar sen ambaxes como un enriquecemento ilícito por parte das grandes empresas eléctricas.

Namentres si non fora suficiente o roubo da auga dos nosos ríos, estáse a preparar en paralelo outro acto de piratería coa implantación descontrolada de megaparques eólicos en Ourense e Galiza. Privatizando neste caso o vento que enriquece o territorio de todolos galegos e galegas, coa complicidade do Goberno do Estado e a Xunta de Galiza, PSOE e PP que sempre deixan facer a unhas empresas que cada vez se senten máis poderosas e xa nin semellan respectar os caudaiss ecolóxicos mínimos.

Ler novas
Novas
Maite Rodriguez, Xacobe Ribeiro e Noa Presas centralhidroelectrica Prexigueiro

O BNG RECLAMA UNHA EMPRESA PÚBLICA DE ENERXÍA E O RESCATE PARA O PÚBLICO DAS CENTRAIS HIDROELÉCTRICAS

 

O BNG reivindica na central hidroeléctrica de Cerves un novo modelo enerxético que socialice os beneficios nos galegos e galegas e garanta un prezo xusto da enerxía.

Noa Presas afirma que a prórroga do goberno central da concesión antes de caducar e coa oposición veciñal amosa a conivencia das forzas estatais co lobby eléctrico no que acaban ministros de PP e PSOE.

Ler novas
Novas
Noa Presas

O BNG INICIA UNHA OFENSIVA EN DEFENSA DA SERRA DO SUÍDO E CONTRA A INVASIÓN EÓLICA

Cargos públicos nacionalistas demandan á Xunta a paralización cautelar de megaparques eólicos que arrasan o territorio e ameazan hábitats de interese prioritario

O BNG vai presentar nos vindeiros días iniciativas en defensa do Suído nos concellos de Beariz, Avión, A Lama, Fornelos, Covelo e Mondariz, nas deputacións de Pontevedra e de Ourense e no parlamento galego

Ler novas