ourense
Falan as candidatas
IMG_5547

Moncho Boán, número 5 da candidatura do BNG por Ourense

Son Moncho Boán. Son profesor, recentemente xubilado. A miña actividade no nacionalismo empezou con Erga, no 73, tiven participación na NPG no 74, e a miña vida social transcorreu ligada ao mundo sindical. Tiven diversas responsabilidades tanto na Federación do Ensino da CIG como na Confederación. Participar agora desta candidatura non é máis que unha continuidade natural de cincuenta anos de militancia no nacionalismo nas súas distintas frontes.
 

Ler novas
Falan as candidatas
maribel 1

Maribel Poisa, enfermeira en Xinzo e número 3 da lista do BNG por Ourense

Son Maribel Poysa. Nacín na Coruña, no barrio de Montealto, en 1960. Levo traballando como enfermeira desde 1980. Fun supervisora da UCI no Canalejo e supervisora de área no CHUO. Agora traballo nas Urxencia en Xinzo. Vivo dende hai dezaseis anos en Allariz, onde son concelleira de Benestar Social.

No ámbito da miña responsabilidade municipal, no do benestar, hai moito, moito que facer. Preocúpame a atención aos maiores, pero tamén o aumento de casos de violencia no fogar que teñen que ver coa crise económica.

Ler novas