xunta
Novas
Mon Fernández, María Mangana, Iago Tabarés e Brais Ruanova

O BNG amosa todo o seu apoio ás traballadoras e traballadores de Faurecia en Ourense e esixe a implicación da Xunta de Galiza

Esta mañá, os deputados no Pazo do Hórreo Iago Tabarés, Brais Ruanova e Mon Fernández e a deputada provincial María Mangana, mantiveron un encontro coa representación da CIG no Comité de Empresa para coñecer de primeira man a súa situación, trasladarlles todo o apoio do BNG e para articular iniciativas en ambas institucións

Ler novas
Novas
Piscina termal das Burgas pechada desde hai 5 anos

O BNG pídelle a Rueda que deixe “de vender fume e aposte de verdade polo termalismo de Ourense”

Na formación nacionalista cualifican a presentación do Plan termal por parte do Presidente Rueda de “burla as veciñas e veciños de Ourense. Levamos décadas escoitando anuncios e Plans en materia termal que logo non se concretan en nada”. Consideran un “insulto” que “O Goberno do PP, autor da Lei termal máis lexiva para o modelo termal de Ourense, veña agora a presentarnos un novo Plan termal”

Ler novas
Novas
Noa Presas, intervén no Parlamento

PRESAS: “OS ORZAMENTOS 2025 SON UN REMIX DE INCUMPRIMENTOS CON OURENSE”

Acusa ao Partido Popular de revalidar a discriminación de Ourense e deixar de lado a sanidade e a política social: nin un só euro para a xestión pública do CAPD, novas residencias de maiores ou reducir as listas de agarda máis altas de Galiza

A Xunta ponse de perfil coa cidade: promesas que xa debían ser feitos, coma o CIS ou o edificio administrativo.

Ler novas