ourense
Novas
Xosé Manuel Puga, Luís Seara e Erea Blanco

O BNG exixe solucións urxentes ante a paralización das obras na Avda. de Portugal e que Jácome aclare se coñecía a situación de insolvencia da empresa

O Grupo municipal do BNG denuncia que Jácome e o Concelleiro de Urbanismo levan mentindo ao longo dos últimos meses sobre a execución das obras pois o pasado mes de agosto a empresa informou ao Xulgado da súa inminente insolvencia sen que o Executivo local fixera nada para previr chegar á situación de parálise actual

Ler novas
Novas
Xosé Manuel Puga, Rhut Reza, Luís Seara e Erea Blanco

O BNG urxe solucións ao parón das obras na Avda de Portugal e esíxelle ao Goberno local que deixe de “mentir”

O Grupo municipal nacionalista sinala que, tal e como xa anunciaran, o Pleno extraordinario do pasado 31 de xaneiro foi un “paripé” cargado de “mentiras que o único que pretendía era socializar unha nefasta xestión”. O BNG considera urxente rematar unhas obras “que están a causar un enorme prexuízo á veciñanza e aos comerciantes da rúa”

Ler novas
Novas
Xosé Manuel Puga, Erea Blanco, Luís Seara e Rhut Reza

O BNG propón recargas sobre o IBI das vivendas que permanezan baleiras e sen sair ao mercado durante máis de dous anos

O Grupo municipal nacionalista pretende aplicar no Concello de Ourense o recollido no Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais que habilita aos Concellos a aplicar recargas sobre a cota líquida do IBI ás vivendas que permanezan desocupadas de forma permanente

Ler novas
Novas
Iago Tabarés. Deputado do BNG

O BNG urxe retomar o diálogo e as negociacións para desbloquear a situación da Praza de Abastos nº1 de Ourense

A través dunha iniciativa parlamentar, e logo de coñecer a recente resolución xudicial, a Formación nacionalista quere impulsar o diálogo e as negociacións entre as administracións atinxidas e a Asociación de Comerciantes “co único obxectivo de acadar un acordo que permita desbloquear a situación, liberar a Alameda e ocupar o edificio rehabilitado”

Ler novas
Novas
Luis Seara, portavoz do BNg no Concello de Ourense

O BNG pedirá a comparecencia dos técnicos municipais na Xunta de Área deste vindeiro martes para clarexar todas as dúbidas arredor das obras na rúa Pena Trevinca

O Grupo municipal do BNG entende preciso que os técnicos encargados do arranxo da rúa, consecuencia do afundimento do firme, expliquen o acontecido e os traballos que se están executando ao tempo de clarexar todas as dúbidas existentes e que están a xerar moita preocupación entre a veciñanza da zona

Ler novas
Novas
Luís Seara, Portavoz do BNG no Concello de Ourense

O BNG urxe celeridade na toma de decisións sobre a discoteca Desörden. “Que máis ten que pasar para que o Goberno local actúe?”

Logo de coñecerse o informe técnico así como as recentes inspeccións policiais, o BNG entende que a situación “non é unha teima da veciñanza xa que a propia Policía Local a través de varias inspeccións, constata a degradación da convivencia así como o incumprimento da Ordenanza de ruidos por parte do establecemento”

Ler novas