bngourense
12/maio/2020
Á vista da situación de emerxencia sanitaria e o difícil escenario a nivel social e económico que se aveciña, a Corporación Municipal debe esta á altura das circunstancias para axudar aos veciños e veciñas. Dende o Grupo Municipal do BNG presentamos varias aportacións durante o confinamento e cremos que se teñen que por en común. En todo o que vai deste ano 2020 só tivese lugar un Pleno Municipal por iso solicitamos un PLENO EXTRAORDINARIO por vía telemática con carácter urxente.
Asemade, o BNG presentou unha moción que insta á Xunta de Galiza, como administración con competencias en materia sanitaria e de saúde pública, a estabelecer un sistema de acceso aos sistemas de protección (máscaras e luvas fundamentalmente) dun xeito controlado e seguro, evitando que se produzan aglomeracións ou saídas das vivendas coa finalidade de facerse con eles, e garantindo que cheguen a todas aquelas persoas que precisan deste material para o desenvolvemento da súa actividade vital ou laboral.