O BNG demanda un cambio de modelo na xestión de residuos desde a Deputación de Ourense
Bernardo Varela “Unha empresa que fai negocio xestionando toneladas de residuos non estará interesada na redución de residuos“
Bernardo Varela “Unha empresa que fai negocio xestionando toneladas de residuos non estará interesada na redución de residuos“
Bernardo Varela “foron as decisións da Xunta as que nos levaron a que o 80% dos residuos que se producen en Galiza vaian a soterramento e incineración coa aposta que fixo por Sogama e a concentración destes residuos ao longo destes anos.”
Cristina Cid “A Xunta vai detraernos fondos propios aos concellos para pagalo. Por tanto non hai ningunha aportación da Xunta para asumir esta suba senón que vamos ser os propios concellos o que a vamos asumir”
Bernardo Varela “esta é unha proposta coa que aplicar a lóxica na xestión dos residuos nos nosos concellos, especialmente na fracción orgánica, xa que en moitos deles o quinto contedor é absolutamente inviable e polo tanto non pode ser esixible pola Xunta de Galiza”
Bernardo Varela sinala que en ningún punto da Lei se esixe que o sistema de separación de biorresiduos sexa por contedor marrón, sendo este modelo o máis alonxado da lóxica execución en moitos dos nosos concellos cos seus inumerábeis pobos.
O BNG oponse á privatización do servizo de recollida de lixo da Deputación de Ourense, que considerando o razoábel bo funcionamento non hai motivo para que o goberno provincial retome o intento frustrado de privatizar este servizo.
O BNG demanda un novo modelo de xestión de residuos máis acaído á nova realidade medioambiental e xurídica.