O BNG leva ao Parlamento galego a demanda dun transporte digno até o hospital de Piñor
Noa Presas acusa á Xunta de non ter previsto a reorganización do transporte ante o traslado de servizos do CHUO polo derrube do Materno e por empeorar unhas conexións que eran xa deficientes. O BNG pide unha mesa de traballo urxente de Transportes, Concellos e Sanidade para reforzar e reorganizar os servizos, lastrados pola carencia dun verdadeiro Plan de transporte metropolitano