O BNG esixirá no Parlamento galego a xestión pública e directa do futuro CAPD
Noa Presas avanzou que o BNG preguntará no próximo Pleno á conselleira de Política Social polo remate da infraestrutura e o modelo de xestión. Despois dos anos de atraso o BNG chama a “respectar a vontade das familias e as demandas ourensás e que a xestión sexa pública”