Ana Pontón reafirma o compromiso e o apoio do BNG ao modelo termal de Ourense
Nunha reunión mantida esta mañá no Parlamento galego co candidato nacionalista á alcaldía do Concello de Ourense Luís Seara e con representantes da Plataforma cidadá amigos das termas, comprometeuse a derogar os aspectos máis lexivos da actual Lei de aproveitamento lúdico das augas termais de Galiza, norma que está a prexudicar o modelo termal ourensá
O BNG leva ao Parlamento galego a concesión de contrartos “a dedo” da Deputación de Ourense
Iago Tabarés insta á Xunta de Galiza que non fique pasiva ante os flagrantes e reiterados incumprimentos da Deputación Provincial de Ourense que xa foron advertidos tanto por Bernardo Varela, voceiro provincial do BNG, no pleno da Deputación de Ourense como polo propio Consello de Contas de Galiza, e que provocan graves prexuízos para o sistema democrático e para unha adecuada xestión dos recursos públicos.
O BNG reafirma o seu compromiso e o seu total apoio á Universidade Popular de Ourense
Desde a formación nacionalista reafirmaron esta mañá o seu firme compromiso coa UPO a través da sinatura do seu manifesto e reiteraron que co BNG no Goberno duplicarase o seu orzamento e dotarase dunha sede fixa na zona histórica para o desenvolvemento das súas actividades
Néstor Rego exixe en Ourense completar o saneamento integral do río Barbaña
Acompañado polos candidatos nacionalistas aos concellos de Ourense, Barbadás e San Cibrao das Viñas, instou á CHMS a acometer canto antes as obras de ampliación na EDAR de San Cibrao
O BNG de Ourense completa a súa candidatura para as eleccións do 28 de maio ao Concello de Ourense
Logo de ter presentado o primeiro tramo o pasado 11 de febreiro, este mércores configurouse o resto da candidatura até completar os 27 titulares dunha lista que foi ratificada en Asemblea pola militancia nacionalista
O BNG de Ourense completa a súa candidatura para as eleccións do 28 de maio ao Concello de Ourense
Logo de ter presentado o primeiro tramo o pasado 11 de febreiro, este mércores configurouse o resto da candidatura até completar os 27 titulares dunha lista que foi ratificada en Asemblea pola militancia nacionalista
O BNG esixirá en Pleno ao Concello de Ourense o cumprimento das súas obrigas en materia de normalización lingüística
Na formación nacionalista lamentan que pese a dispór dunha Ordenanza e dun Servizo de Normalización Lingüística, a día de hoxe son papel mollado para o actual Goberno municipal. Denuncian que o Servizo de Normalización Lingüística está reducido a un servizo de tradución, esborrallando a finalidade para o que foi creado no seu día
O BNG denuncia o peche do Centro de Interpretación das Burgas e da piscina termal en plena semana vacacional na que se agarda a chegada de centos de visitantes
Desde a formación nacionalista denuncian que o Goberno Local non dota de persoal ao Centro polo que os centos de visitantes que se agardan para estes días atópanse as portas pechadas, o que unido ao peche da piscina termal, fai que se leven unha lamentable imaxe da cidade
Eduardo González, Laura De Matos e Raquel Vázquez candidatos do BNG ás alcaldías de Amoeiro, A Peroxa e Coles.
Noa Presas “O BNG vai dar un salto nas municipais do próximo 28M e cada voto ao BNG vai valer dobre, para mellorar a vida da veciñanza de Coles, Amoeiro ou A Peroxa e para desaloxar ao PP da deputación de Ourense “
Laura de Matos “Promoveremos unha ordenación territorial xusta para A Peroxa para que as terras e os montes estean sempre cultivadas e producindo beneficios para todas as persoas, agricultoras, gandeiras, viticultoras, madeireiras e propietarias dos terreos.”
Raquel Vázquez candidata á alcaldía de Coles “este ano imos acadar un resultado que vai permitir que o nacionalismo teña novamente voz neste concello, co esforzo colectivo da candidatura, un conxunto de persoas que defenden os intereses e os servizos públicos.”
Eri "Amoeiro merece un centro día para @s maiores, unha gardería para os cativos, un transporte público eficiente, un plan cultural e deportivo anual ,traballo digno e un medio ambiente coidado."