O BNG inicia unha ofensiva institucional contra a suba do recibo da auga que prepara a Xunta
Presentarán mocións tanto nos concellos como na Deputación para esixir a retirada do anteproxecto de Lei de mellora do ciclo integral da auga anunciado polo goberno galego
O BNG demanda ubicar os trofeos do CD Ourense no estadio do Couto
Bernardo Varela esixe coñecer a localización actual dos trofeos do CD Ourense e que sexan reubicados nun novo espazo expositivo de trofeos no campo de fútbol do Couto.
O BNG demanda explicacións polo Rallye nas Serras de Manzaneda con epicentro na Estación de Montaña.
Bernardo Varela traslada á Comisión de Transparencia do ente provincial o acontecido co Rallye “Hispania Rally 2021” no que a Deputación consta como promotora e cofinanciadora e que finalmente foi paralizado polos Axentes da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza.
O BNG cualifica os orzamentos da Xunta como un novo golpe para Ourense
Noa Presas afirma que a Xunta “desenténdese de Ourense e dos problemas que causa o PP co pacto Baltar-Jácome-Feijoo castigándonos con ideas repetidas e sen propostas para xerar emprego e fixar poboación”.
Para o BNG “volve ser o orzamento das ausencias: nin un só euro para débedas históricas como construír un centro de saúde no Vinteún”
O BNG encara a súa XVII Asemblea Nacional do vindeiro 07 de novembro co reto de culminar o cambio político transformador na Galiza coa presidencia da Xunta
Segundo o responsable Comarcal Sarín Núñez "Somos unha organización forte, presente e enraizada en todo o país, que está a vivir un proceso de medre organizativo nos últimos anos e que se marca como un dos obxectivos centrais agrandar a base social do nacionalismo para reforzar o BNG como alternativa política".
O BNG proporá no pleno do mércores unha serie de medidas encamiñadas a mellorar a mobilidade das persoas con discapacidade
Aumentar o número de prazas reservadas ás persoas con discapacidade nas proximidades de edificios e instalacións públicas, eliminar a limitación temporal existente de 3 horas de ocupación das paradas en ditas prazas en centros sanitarios e servizos públicos en xeral e exonerar de pagamento en zona O.R.A.
O mantemento da programación expositiva do Museo Municipal irá a pleno da man do BNG
Segundo os nacionalistas, cómpre ser firmes na defensa da programación expositiva do Museo Municipal de Ourense pois eliminar as exposicións das súas salas é, de facto, o seu desmantelamento
O BNG defendeu os intereses de Galiza no pleno provincial ante os abusos das eléctricas
Varela propuxo a creación dunha empresa pública galega de enerxía que xestionase os encoros con concesións vencidas e cando menos o 20% da enerxía producida polos eólicos instalados en Galiza.
Os partidos de Baltar e Jacome opoñense ao financiamento privincial equitativo do Plan Único proposto polo BNG e aproban uns orzamentos clientelares e tóxicos para a maioria dos concellos de Ourense
O BNG demandou a recuperación de desconexións territoriais da CRTVG
O BNG demanda un Plan Único de financiación provincial
Bernardo Varela enmenda os orzamentos do Partido Popular na Deputación de Ourense para que os fondos provinciais sexan repartidos de forma equitativa entre os concellos da provincia.